Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Uxía obtén o Premio aRi(t)mar á Embaixada da amizade galego-lusófona

O CERTAME RECOñECEU TANXUGUEIRAS E OS AZEITONAS COMO AUTORES DAS MELLORES CANCIóNS DO ANO

Uxía obtén o Premio aRi(t)mar á Embaixada da amizade galego-lusófona

MISCELáNEA | abril 26, 2019

imaxe non dispoñible

O proxecto aRi(t)mar Galiza e Portugal, que entrega cada ano os seus recoñecementos ás mellores cancións e poemas das dúas bandas da raia, daba a coñecer onte un novo galardón. A cantora Uxía era homenaxeada onte co premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona. Segundo explica a organización deste certame, "o seu traballo delongado leva abertos novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural".

As votacións dos premios, que organizan a Escola Oficial de Idiomas de Santiago e mais a Consellería de Cultura, seleccionaron Que non mo neguen de Tanxugueiras como mellor canción galega do último ano e Efeito do Observador de Os Azeitonas como mellor tema portugués. Está aberto ata o vindeiro 10 de maio o prazo para votar os mellores poemas do ano. As propostas premiadas reuniranse nunha gala que se anunciará proximamente.