Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Mileth debuta con Catro pregarias no albor da Lúa Morta

O GRUPO MARIñáN APOSTA POLO METAL PAGáN GALAICO NO SEU PRIMEIRO áLBUM

Mileth debuta con Catro pregarias no albor da Lúa Morta

FUSIóN | marzo 25, 2019

catro_pregarias_mileth_capa.jpg

Voces guturais, ritmos acelerados e guitarras distorsionadas combinadas con cantareiras e instrumentos tradicionais. Esta é a orixinal proposta que o grupo Mileth integra como Metal Pagán Galaico e que acaba de presentar no seu primeiro álbum, Catro pregarias no albor da Lúa Morta. A banda mariñá achega nove temas con títulos como O Son do buxo baixo a sombra do Xistral, Esperta, letárxica e erma fraga!, Mitolóxica errante: Ith ou De bruma e salitre, single de presentación do que acaban de presentar vídeo.

Dana da Carballeira aparece como vocalista principal do proxecto, con Marcos do Relicario a se encargar dos berros guturais e de instrumentos coma o bouzouki, a zanfona ou a percusión tradicional. Xacobe do Seixo Branco, que tamén acompaña nos guturais, Xurxo dos Corvais, Cristian da Limia, Elías do Eido do Clariño e Adrián Moa, responsable da batería nos directos, completan a formación. O lanzamento, autoeditado, conta tamén cunha edición de luxo e ultralimitada que viu a luz da man da discográfica Darkwood. A vindeira cita na xira de presentación será na Salason de Cangas o 29 de marzo.




datos do disco