Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Músicas Galegas Ilustradas presenta unha axenda de concertos

O PROXECTO PARA A IGUALDADE DE XéNERO NA ESCENA MUSICAL Dá UN PASO MáIS OFRECENDO INFORMACIóN DE CONCERTOS

Músicas Galegas Ilustradas presenta unha axenda de concertos

MISCELáNEA | febreiro 12, 2019

imaxe non dispoñible

O proxecto Músicas Galegas Ilustradas, da ilustradora e baixista Laura Romero, ven de dar un paso máis no seu importante traballo de visibilización das mulleres que fan música no panorama galego. Con máis de 200 mulleres retratadas na web do proxecto agora tamén se inclúe a modo de axenda a información de onde se poden ver a estas mulleres en concerto dentro da xeografía galega. A gora mesmo a web manexa xa a información destes directos do mes de febreiro e marzo ofrecendo máis de trinta eventos. Músicas galegas Ilustradas foi un dos proxectos finalistas nos pasados Premios Martín Códax da Música na categoría de medios de comunicación. Ademais destes contidos o web recolle outroas moitas informacións relevantes de cara a avanzar na igualdade de xénero na música, como as procentaxesde presenza feminina nos carteis de festivais, por exemplo.