Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A banda Electra presenta o seu primeiro disco 'Duelos y Quebrantos'

OS CORUñESES FORMARON PARTE DALGúNS DOS PROXECTOS MUSICAIS MáIS COñECIDOS DA CIDADE

A banda Electra presenta o seu primeiro disco 'Duelos y Quebrantos'

ROCK | xaneiro 22, 2019

electra_DyQ.jpg

A banda de rock coruñesa Electra acabou o ano 2018 presentando o seu primeiro disco autoeditado Duelos y Quebrantos. A formación creada en 2016 polo guitarrista Pablo Rega (ex-Kozmic Muffin) está conformada por 6 músicos de experiencia contrastada como Rega que veñen tamén de Kozmic Muffin, Rockers go to Hell, Ultracuerpos e outros coñecidos proxectos. Alvaro Dorda está na voz (Mandrágoras, Ultracuerpos, Rockers go to Hell), Miguel Martínez no baio (Rockers go to hell, MEU, Pardo), Ramón Alonso, guitarra e coros (Ultracuerpos, Sensacional), Enrique Otero aos teclados (Kozmic Muffin, Banda Crebinsky) e Adrián Seijas, batería (Misterioso viaje a Holanda). Duelos y Quebrantos, que xa está dispoñible en plataformas dixitais, ofrece nove temas propios cantados en castelán. Mentres no apartado musical podemos albiscar mesmo influenzas psicodélicas e do rock experimental nalgúns dos temas, as letras (Rega y Dorda) así como o uso de ventos noutros momentos nos leva a lembrar ese tex-mex fronteirizo e escuro do que fan gala algúns outros músicos da escena española, como Búnbury, por exemplo, malia que a voz de Dorda non precisa de excesos para resultar evocadora e con presenza. Electra enriquece o discurso sonoro coa axuda do órgano e outras variacións estilísticas que fan dos seus nove temas unha viaxe rock con perspectiva propia e cun sabor de autenticidade. O disco está dispoñible nunha edición limitada en vinilo, á venta en Discos Portobello, Bristol Bar, La Barbería , Ummagumma, El García Coruña e Vinos Arana.

datos do disco