Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sondeseu actuará na gala de apertura do Celtic Connections de Glasgow
Sondeseu actuará na gala de apertura do Celtic Connections de Glasgow
xaneiro 15, 2019
A orquestra Sondeseu de música folk e tradicional subirá ao escenario principal do Glasgow Royal Concert Hall durante a gala de apertura do Celtic Connections este xoves 17. Como parte do cartel xeral do evento, tamén tocarán na cidade escocesa Anxo Lorenzo e Mercedes Peón os días 25 e 26, respectivamente. Ademais, Galicia terá un especial protagonismo como o territorio convidado de Showcase Scotland, con diferentes actuacións entre o 30 de xaneiro e 2 de febreiro a cargo de Raíces Aéreas (Mónica de Nut), Tanxugueiras, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Anxo Lorenzo, Talabarte e Banda das Crechas. Esta será a delegación seleccionada pola Consellería de Cultura e Turismo, que organizou, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e baixo a marca GalicianTunes On Tour, unha delegación institucional, profesional e artística co obxectivo de apoiar a proxección exterior da nosa música e de promover Galicia como destino turístico-cultural. Dela forman parte estas oito formacións artísticas, así como unha ducia de empresas e operadores turísticos, que terán a oportunidade de entrar en contacto directo con promotoras e axentes internacionais dos seus respectivos sectores.
Tamén che pode interesar:
- 23/ 1/ 2014 | Budiño e A Banda das Crechas visitan o Celtic Connections
- 28/ 12/ 2012 | O Celtic Connections contará con Berrogüetto, Carlos Núñez e Uxía
- 16/ 1/ 2008 | Budiño, Peón e Anxo Lorenzo protagonizan a noite galega en Glasgow
- 26/ 11/ 2007 | Budiño reúne influencias e colaboracións diversas nun disco con ambición universal
- 14/ 6/ 2007 | A orquestra folk Sondeseu presenta en Vigo o seu segundo traballo discográfico