Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ponteceso celebra por vez primeira o Día do Himno Galego

A CELEBRACIóN LEMBRA A ESTREA DA COMPOSICIóN NA HABANA O 20 DE DECEMBRO DE 1907

Ponteceso celebra por vez primeira o Día do Himno Galego

MISCELáNEA | decembro 19, 2018

imaxe non dispoñible

O Concello de Ponteceso acordou instituír o Día do Himno Galego, unha celebración que conmemora a estrea desta composición de Pascual Veiga cos versos de Eduardo Pondal na Habana o 20 de decembro de 1907. Para celebrar esta data desenvolverase entre os días 20 e 22 un programa de actividades que inclúe unha ofrenda floral, unha conferencia de Anxo Angueira sobre a simboloxía literaria do Himno Galego, un monólogo de Quico Cadaval ou unha interpretación colectiva do himno. Como remate da celebración, o día 22 inaugurarase na aldea do Couto un mural conmemorativo do Día do Himno, elaborado polos artistas carballeses Miguel Anxo Calvo “O Mighelo” e Isabel Fernández.