Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Thee Blind Crows celebra aniversario cun novo disco e con formación de trío

O áLBUM SAIRá A VENDA O VINDEIRO 9 DE XANEIRO

Thee Blind Crows celebra aniversario cun novo disco e con formación de trío

ROCK | decembro 13, 2018

Death-Awaits-Us-All---Portada.jpg

Death Awaits Us All, así de contundente é o título do novo disco dos coruñeses Thee Blind Crows. Nel recóllense catorce cancións intensas e salvaxes que serven como celebración dos seus dez anos de traxectoria e que presentan a súa nova formación pasando de duo a “power trio”. O disco lanzarase o vindeiro 9 de xaneiro e xa se pode reservar, tanto en formato dixital como en formato físico, a través do Bandcamp da banda. Este terceiro traballo longo foi gravado no Estudio A Ponte e masterizado por Mike Mariconda. Conta cunha coidada edición en vinilo a cargo dos selos Folc Records, KOTJ e Ghost Highway Recordings. Para agradecer a toda a xente que os acompañou ao longo destes dez anos, prepararon un paquete especial en edición limitada de cen unidades que inclúe o vinilo vermello, unha serigrafía numerada e mais un parche de tea. Este pack especial pódese reservar única e exclusivamente a través do Bandcamp de Thee Blind Crows. En febreiro Thee Blind Crows volverán levar a súa descarga visceral de Blues Punk aos escenarios para presentar a súa nova creación.



datos do disco