Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Consello da Cultura homenaxea o labor das corais coa mostra Son de Galicia

A SEDE DE AFUNDACIóN NA CORUñA ACOLLE ESTA PROPOSTA ATA O VINDEIRO 26 DE XANEIRO

O Consello da Cultura homenaxea o labor das corais coa mostra Son de Galicia

FOLK | decembro 10, 2018

imaxe non dispoñible

A conmemorar o centenario da histórica coral De Ruada, o Consello da Cultura Galega inaugura mañá a exposición Son de Galicia, que percorre a traxectoria desta histórica formación canda a outras como Toxos e Froles, Cántigas da Terra e Cantigas e Agarimos. A sede de Afundación na Coruña acolle desde este 11 de decembro e ata o vindeiro 26 de xaneiro esta iniciativa que comisariou Miguel Anxo Seixas e que consta dunha serie de paneis acompañados de publicacións, manuscritos, fotografías, instrumentos, partituras, vestimenta, retallos de prensa e outros documentos, así como diversos vídeos de apoio. A mostra aborda cuestións como o traballo etnográfico de recollida da música e da vestimenta popular, o labor filantrópico e benéfico destas entidades, as súas xiras internacionais, a importancia das corais no comezo da actividade teatral galega ou o seu compromiso coa lingua. A inauguración celebrarase mañá ás 19 horas.