Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival de Jazz de Lugo ofrecerá 25 concertos

A 28ª EDICIóN DESTA CITA COMEZARá O VINDEIRO SáBADO

O festival de Jazz de Lugo ofrecerá 25 concertos

JAZZ/BLUES | novembro 5, 2018

imaxe non dispoñible

O jazz galego, estará presente nesta 28ª edición con artistas como Nani García, Pablo Castanho, Marcos Pin, Natasia Zürcher, David Regueiro ou Juyma Estévez. O Club Clavicémbalo é un dos cinco espazos que acollerá as actividades deste ano xunto á Casa do Saber, o pub Ho! Gruf, o Centro Cultural Vello Cárcere e o Círculo das Artes, escenario este último que volverá recibir a visita de recoñecidos grupos e artistas do panorama jazzístico internacional. Entre eles, o David Murray Infinity Quartet; o Charles McPherson Quartet co pianista Bruce Barth; Sara McKenzie; o trío Zuperoctave que integran Gilad Hekselman, Aaron Parks e Kendrick Scott; Yellowjackets; Antonio Lizana Group, e Fabrizio Bosso & Special Quintet co saxofonista Max Ionata.