Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O impacto do XIIIº Resurrectión Fest valórase en máis de 8,5 millóns de euros

O FESTIVAL VEN DE ANUNCIAR TRINTA NOVOS NOMES PARA A SúA SEGUINTE EDICIóN

O impacto do XIIIº Resurrectión Fest valórase en máis de 8,5 millóns de euros

ROCK | outubro 19, 2018

imaxe non dispoñible

O festival de rock metal Resurrection Fest segue mantendo a atención dos medios neste final de semana. Se a súa posición de finalista en varias categorías dos premios nacionais para festivais era noticia nos días anteriores, o evento de Viveiro ven de acceder de novo ao primeiro plano da actualidade con dous motivos ao tempo, un de pasado e outro de futuro: a presentación do estudo de avaliación de impacto da súa pasada edición e un novo avance de cartel para a videira que se celebrará en 2019. Segundo o estudo impulsado pola Axencia Galega de Industrias Musicais, AGADIC, a décimo terceira edición do festival xerou un impacto de máis de 8,5 millóns de euros en toda Galicia, dos que 6,6 millóns reverteron directamente na comarca da Mariña.

Este é o quinto e último informe que presenta AGADIC sobre festivais de este verán pasado a través da súa marca FEST Galiciae onte expouxeron en Lugo os resultados do traballo da equipa investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que encargouse da recollida e tratamento dos datos, conseguidos a partir de 1.470 enquisas realizadas no festival do 11 ao 14 de xullo, así como das cifras manexadas pola organización. Segundo os seus datos durante os catro días de celebración, o recinto do Resurrection rexistrou máis de 81.700 visitas (entre 22.108 e 25.332 persoas diferentes), das que un 58% se desprazou ata a localidade lucense desde fóra de Galicia. Ademais desta procedencia, o perfil de asistente máis común foi o dun home novo, de 18 a 24 anos, e estudante cun gasto medio por persoa e día, que este estudo cifra en 51,45 euros, sen incluír transporte.

Máis dun 9 sobre 10 para o trato do persoal
A valoración dos asistentes, que lle conceden a esta 13ª edición unha nota media de 8,7 sobre 10, é outro dos datos salientables do informe. Así, na puntuación dos servizos sobresae cun 9,03 a do trato por parte do persoal, seguida de preto pola dos espazos e mantemento (8,91), localización e integración na contorna (8,82), sensación de seguridade (8,74), puntualidade dos eventos (8,70) e sistema de compra de entradas (8,57). Estas elevadas notas esténdese tamén aos intanxibles e ao impacto social: mellora o coñecemento da localidade (9,43) e a súa imaxe (8,96), atrae turismo (9,32) e xera impacto económico (9,45) e orgullo local (8,89). A elaboración e obtención de datos levouse a cabo coa mesma metodoloxía que nos catro informes anteriores, un sistema de medición denominado Avaliación 360º, unha metodoloxía pioneira e orixinal, que Fran Núñez desenvolveu na súa tese de doutoramento e que se detalla nun manual editado este mesmo ano pola Agadic.
Na presentación do informe o director da Agadic, Jacobo Sutil, considerou especialmente relevante a cifra de gasto por persona e explicou, así mesmo, que o devandito impacto económico na comarca supón un retorno de entre 2,09 a 2,31 euros por cada euro investido polo festival. Estas cifras increméntanse fortemente no caso da achega da Xunta a través das subvención a festivais profesionais de música, ata situarse entre 181,58 e 201,20 euros por cada euro dos 47.093 adxudicados ao Resurrection en 2018. En palabras de Sutil, este dato dá conta dunha excelente optimización do investimento público.

30 novas bandas para o cartel
A organización do evento ven de presentar tamén as novas incorporacións artísticas para a vindeira 14ª edición do festival. Trinta novos nomes que de pouso soarán para o publico non especializado neste xénero e que veñen sumarse ás dez primeira confirmacións anteriores. Segundo o habitual do Resurrection cada edición ofrece cen actuacións diferentes ao loongo dos seus catro días. Desde a organización poñen o foco nalgunhas destas novas incorporacións como a de Within Temptation, de metal sinfónico; a banda de metal extremo Cradle of Filth; a primeira visita a España, e en exclusiva no noso país, da formación de metalcore As I Lay Dying; Cult of Luna, Converge e os suecos Avatar, son outras das destacadas na nova lista de incorporacións na que tamén hai sitio para os coruñeses punk-rockers de Morgen, entre outros. A lista completa pode consukltarse na web e nas redes sociais do Resurrection Fest. O vindeiro martes está previsto o anuncio dun novo cabeza de cartel pero os prezos dos abonos cambiarán xa a partires do domingo.

Ligazóns