O festival Revenidas deixou un retorno de 711.000 euros
outubro 9, 2018
A seguir coas súas presentacións dos datos sobre os festivais integrados na marca FEST Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer onte as cifras do retorno económico do festival Revenidas de Vilaxoán. Segundo a metodoloxía Avaliación 360º desenvolvida pola Universidade de Santiago, a décimo quinta edición do evento deixou na comarca un retorno económico de 711.000 euros. En total, asistiron ao evento 10.300 persoas durantes as tres xornadas nas que se desenvolveu, cun gasto medio por persoa de 46,37 euros. As persoas participantes déronlle ao evento unha nota de 8,2 sobre 10, segundo reflicten as 1.230 enquisas que se realizaron.
Tamén che pode interesar:
- 24/ 9/ 2019 | O Festival 17º Ribeira Sacra deixou medio millón de euros na contorna
- 4/ 10/ 2018 | O festival SonRías Baixas deixou un impacto de 1,14 millóns de euros
- 27/ 9/ 2018 | PortAmérica deixou un impacto económico de 1,3 millóns de euros
- 27/ 8/ 2014 | 15.000 persoas asistiron ao Festival Revenidas de Vilaxoán
- 19/ 8/ 2014 | Biribirlocke gaña o II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas