Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sumrrá dedica o seu sexto traballo a '6 mulleres'

O DISCO PRESENTARASE HOXE EN CONCERTO NA INAUGURACIóN DO WOS FESTIVAL

Sumrrá dedica o seu sexto traballo a '6 mulleres'

JAZZ/BLUES | setembro 12, 2018

imaxe non dispoñible

A inauguración hoxe do WOS Festival de Santiago acolle o concerto de presentación do novo disco da formación de jazz Sumrrá. Co seu sexto álbum SUMRRÁ 6 MULLERES (Clermont Music, 2018), o trío rende tributo a 6 mulleres poderosas que foron e aínda son fonte de inspiración na loita por un futuro mellor para toda a humanidade. Frida Kahlo e Rosa Parks de America, Rosalía de Castro de Galicia, Qiu Jin de China, Malala Yousafzai de Pakistán, e Nawal El-Saadawi de Exipto. A cada unha delas dedica un tema titulado co propio nome o trío integrado por Xacobe Martínez Antelo, Manuel Gutiérrez e L.A.R. Legido. Editado polo selo neoiorquino Clermont Music, gravado por primeira vez en estudio, e cun corte manifestamente feminista, o disco conta cun deseño de portada e de interior do álbum para o CD realizado pola artista María Meijide e para a actuación de hoxe de posta en escena do traballo contarán coa colaboración da artista visual Laura Iturralde. O disco xa está dispoñible en plataformas dixitais. O cocerto terá lugar hoxe ás 21 horas no Teatro Principal de Santiago.

datos do disco
Ligazóns