Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Só os vigueses poderán obter entradas na zona baixa dos concertos de Castrelos
Só os vigueses poderán obter entradas na zona baixa dos concertos de Castrelos
agosto 3, 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ven de manifestar a súa intención de cambiar os sistemas de acceso aos espectáculos programados polo Concello en Castrelos para que só os cidadáns vigueses poidan entrar na zona baixa fronte ao escenario. O xornal Atlántico Diario así o recolle facéndose eco dunha declaracións do alcalde en Radio Vigo. Segundo estas declaración Caballero asegurou que o actual sistema de compra anticipada a través de Internet para ese espazo desaparecerá xa que "hai xente que está traballando e non pode conectarse ás nove da mañá", dixo o rexedor ante situación como esgotamento nunha hora das entradas para ver a Maná e OT desde ese espazo pagando a entrada simbólica de 5 euros. O vindeiro método a utilizar para restrinxir ese espazo aos votantes locais requirirá dunha inscrición previa para que, segundo o alcalde nas declaracións mencionadas "Haberá dous ou tres días para reservar as entradas nun proceso restrinxido ás persoas de Vigo", para despois efectuar un sorteo entre todas as solicitudes e asignar as entradas. Caballero non detallou o método a utilizar para controlar o empadroamento no proceso de reserva. O resto do parque de Castrelos estará aberto para os foráneos da cidade con acceso de balde polo de agora. Esta situación súmase á polémica das invitacións para os concertos de Rubén Blades e Rosalía en Compostela durante as festas do Apóstolo que debían ser retiradas de dúas en dúas de xeito presencial, método defendido polo alcalade santiagués por criterios de seguridade no recinto.