Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Caudal Fest de Lugo engádese ao circuito de festivais musicais

O WOS DE SANTIAGO ENGADE OITO NOVOS NOMES AO SEU CARTEL

O Caudal Fest de Lugo engádese ao circuito de festivais musicais

MISCELáNEA | xullo 20, 2018

imaxe non dispoñible

Un novo festival pechará a estación estival galega nas beiras do Miño, en Lugo. O Caudal fest, que se celebrará os días 21 e 22 de setembro na cidade das murallas, ven engadirse ao catálogo de este eventos cunha oferta na que xe confirmou para a súa segunda xornada parte do cartel, que está polo de agora encabezado por Vetusta Morla. No xardín do pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ás beiras do río, estarán tamén Iván Ferreiro, la Mala Rodríguez, Novedades Carminha, Depedro e Andrés Suárez. Faltan artistas pro confirmar para esa data así como para o venres 21, que celebrará as actuacións na Praza de Santas María con carácter aberto e de balde. Non así a xornada do sábado para a que o vindeiro día 24 de xullo sairán a venda as 1.000 primeiras entradas a un prezo promocional de 25 euros. O Caudal fest chega para complementar a oferta cultural da cidade e engadir o nome de Lugo ao circuíto deste tipo de eventos que actualmente fan mover milleiros de persoas por todo o país.

Tamén nese mesmo mes de setembro o WOS Festival de Santiago celebrará unha nova edición, a quinta, á que ven de engadir oito nomes no cartel. Os artistas sumados ao cartel seguen definindo as liñas da súa proposta, enmarcada pola súa vontade de presentar en Santiago de Compostela e en Galicia formas artísticas ao redor da música electrónica e a exploración, e avaladas polo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. A lista de nomes é invitación á exploración a través das redes para comezar a coñecelos mellor. WOS Festival x SON Estrela Galicia acolle o primeiro concerto en España de Abul Mogard, unha figura tan misteriosa como encomiada. A banda de jazz galega Sumrrá tamén se une a este programa do WOS. A norteamericana Laurel Halo é un dos grandes nomes da electrónica da última década. Outro artista que encabeza a lista dos novos nomes engadidos ao cartel da cita compostelá é o de Spectrum, proxecto do ex- Spaceman 3 Peter Kember. O produtor e DJ norteamericano Ron Morelli móvese por terreos techno, house ou mesmo disco. O rapeiro Oddisee, a exipcia Nadah El Shazly e os británicos The Evil Usses completan estas novas confirmacións que veñen engadirse ás oito previamente anunciadas para o festival urbano que terá lugar entre o mércores 12 e o domingo 16 de setembro.