Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A programación lírica da Coruña celebrará os 250 anos de ópera na cidade

OS PRATOS FORTES SERáN A REPRESENTACIóN DE 'IL PIRATA' DE BELLINI E UN ESPECTáCULO SOBRE A HISTORIA MUSICAL DA CORUñA

A programación lírica da Coruña celebrará os 250 anos de ópera na cidade

CLáSICA/LíRICA | xullo 18, 2018

imaxe non dispoñible

A programación lírica d’A Coruña, que se celebrará entre setembro e novembro servirá para conmemorar os 250 anos da fundación do primeiro teatro de ópera na cidade e o 65 aniversario da creación do Festival de Ópera de A Coruña. A asociación de Amigos de la Ópera celebrará estas efemérides coa programación, por vez primeira na cidade, da ópera Il Pirata de Bellini , unha produción propia que contará coa soprano Saioa Hernández para “rescatar” este título como no seu momento fixera Maria Callas,. Tamén está previsto o Serse de Händel en versión de concerto con Il Pommo D’Oro e o recoñecido contratenor Franco Fagioli. Ademais a soprano Angela Meade, ofrecerá o seu primeiro concerto con orquestra en España, cunha selección do seu repertorio para as vindeiras temporadas e estrearase o primeiro espectáculo sobre a historia musical da cidade, Setaro, el constructor de utopías, que viaxará a Portugal coa Orquestra Barroca de Mateus.A mezzo canadiana Vivica Genaux e o barítono coruñés Borja Quiza serán os protagonistas e o director Mario Pontiggia asinará a posta en escena. Esta obra lembrará ao cantante e emprendedor italiano Nocila Setaro que no ano 1768, obtivo a primeira licenza municipal na Coruña para a actividade dun teatro que se considera a orixe da actividade musical da cidade.

Malia que inicialmente a Asociación de Amigos da Ópera tiña pensado programar La Bohéme de Giacomo Puccini, finalmente foi esta produción de Il Pirata a montaxe operística que encabezará o cartel cunha única representación o vindeiro 8 de setembro no Palacio de la Ópera. A asociación asinou un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) por valor de 135.000 euros para este a representación e a do espectáculo Setaro, el constructor de utopías. Ademais dos espectáculos programados, en colaboración coa Universidad Internacional Méndez y Pelayo, os días 15 e 16 de outubro se celebrará un congreso internacional sobre a difusión da ópera italiana en España, coordinado polo musicólogo Xoán Manuel Carreira e nas actividades paralelas, Amigos de la Ópera porá en marcha o ciclo 250 anos de ópera en A Coruña, que contará coa presenza do cineasta Carlos Saura presentando o seu filme Io, Don Giovanni, protagonizado polo barítono Borja Quiza, o compositor vigués Juan Durán e unha conferencia dedicada a Miguel Fleta. Haberá ciclos de proxeccións que recordarán os aniversarios de Ingmar Bergman e Leonard Bernstein.

Ligazóns