Tui e Valença homenaxean as mulleres na nova edición do Ikfem
xullo 13, 2018
Women Sound é o lema co que Tui e Valença celebran entre o 20 e o 24 de xullo vindeiros a nova edición do IKFEM. O International Keyboard Festival & Masterclass celebra un ano máis os instrumentos de teclado a homenaxear as mulleres e cunha atención especial ás persoas afectadas pola explosión de material pirotécnico en Paramos, para quen se recollerán doazóns. Júlio Resende, Najla Shami, António Oliveira, Maria Ana Bobone, Fernando Miguel Jalôto, Rosa Torres-Pardo, Rocío Márquez, Clara Muñiz e, cun recital de pianos a catro mans, Andrea González e Daniel Pereira conforman o programa do evento.
A isto súmase unha homenaxe a Eugenia Osterberger a cargo da pianista Beatriz López-Suevos, a soprano Susana de Lorenzo e a investigadora Rosario Martínez e aínda un concerto de Cristina Pato que se celebrará o día 24. No ámbito formativo, as clases maxistrais estarán a cargo de Rosa Torres-Pardo,
Daniel Pereira, Antonio Oliveira, Abe Rábade, Luis María Pacetti e Miguel Campinho. A apertura do festival contará con actividades paralelas como zona ioga, kaiak, espazo para crianzas e foodtrucks.