Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O 14º ImaxinaSons presenta programa con gran presenza de jazz americano e galego
O 14º ImaxinaSons presenta programa con gran presenza de jazz americano e galego
xuño 19, 2018
O Festival de Jazz de Vigo ImaxinaSons inicia a súa nova etapa baixo a dirección artística dos músicos Yago Vázquez e Felipe Villar e coa presentación onte a cargo do alcalde da cidade Abel Caballero manifestando o obxectivo de "fabricar" nunha década "un certame de ámbito europeo". Así o dixo na presentación da 14ª xeira desta iniciativa cultural que o Concello dota para esta edición con 150.000 euros. O festival, que nas anteriores etapas servía de xa de centro da difusión da creación jazzística europea contemporánea, ofrece este ano un programa máis achegado á fonte americana do jazz. Formacións galegas como Manolo Gutiérrez Trío, The Alley Stompers ou Comando Radar comparten un importante cartel de actuación coas propostas de reputados artistas estadounidenses como o Kenny Garrett Quintet, Charenée Wade, Glenn Zaleski Trío, Kurt Rosenwinkel Caipi Band ou o espectáculo Equality de Drewes, Lee & Hirshfield no peche desta edición. O Concerto de Apertura o próximo venres, 29 de xuño, no Auditorio Municipal vén da man do británico Soweto Kinch en trío, saxofonista, MC e compositor multipremiado que se especializa nun estilo de marca rexistrada de jazz, rap e spoken word, a diferenza de calquera outro intérprete no mundo. O 14 ImaxinaSons contará con 19 formacións e solistas internacionais, nacionais e galegos Os espazos nos que se vai desenvolver esta edición, que tamén ten un importante número de jam sessións, son o Auditorio Municipal de Vigo, A Casa das Artes, o Conservatorio Superior de Música ou lugares ao aire como a rúa Londres ou a Praza da Princesa.
Tamén che pode interesar:
- 25/ 1/ 2016 | Mandala é o quinto álbum de Carlos López
- 2/ 6/ 2015 | A presenza galega marca o XI ImaxinaSons
- 5/ 6/ 2014 | Imaxinasons leva 13 formacións a Vigo no seu décimo aniversario
- 9/ 1/ 2009 | O festival de Jazz de Coruña celebra unha nova edición mesturando estilos e xéneros
- 5/ 5/ 2008 | O festival de Vigo Imaxinasons abrirase cun concerto de Clunia Jazz