Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Música e pratos achega a música galega á gastronomía

ADEGAS MARTíN CóDAX PROMOVE ESTE SEMINARIO QUE SE DESENVOLVE NA SALA NúMAX

Música e pratos achega a música galega á gastronomía

MISCELáNEA | xuño 11, 2018

imaxe non dispoñible

Un seminario de formación para hostaleiros pretende achegar a música galega á gastronomía do país. A sala compostelá Numax acolle ao longo da mañá de hoxe, 11 de xuñom, a xornada Música e pratos que, auspiciada por adegas Martín Códax pretende "debater cos hostaleiros as posibilidades que a música galega ten como valor diferencial da súa proposta gastronómica". O músico e escritor Xurxo Souto abordará na palestra Despensa Sonora a relación e as posibles interaccións entre a música galega e gastronomía. A avogada Ania González pola súa banda abordará a problemática da propiedade intelectual da música mentres Marcos Cerqueiro co-propietario do restaurante Abastos 2.0 falará de como integra música e luz na experiencia gastronómica do seu local.