Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O cartel do Festival Noroeste engade nomes e vai enchendo espazos
O cartel do Festival Noroeste engade nomes e vai enchendo espazos
xuño 8, 2018
A 32ª edición do Festival Noroeste da Coruña xa leva moitos nomes apuntados para o seu cartel e segue avanzando na presenza feminina conseguindo destacar nese sentido entre o resto dos festivais do país. O máis recente do confirmado son once novas bandas e artistas que conformarán o cartel do Campo da Leña deste Festival Noroeste Estrella Galicia. Rock, trash, heavy psicodélico, garage, noise, punk, post punk , doom rock ou garage surf son tan só algúns dos sons de alta voltaxe que poderán escoitarse este 2018 neste espazo. Á artista xa confirmada Ana Curra, quen será a encargada de clausurar os concertos no Campo da Leña o xoves 9 de agosto, súmanse Aullido Atómico, Capsula, Dead Witches, Hexany, Honeymoon Disease, Kabbalah, Mueran Humanos, Oh!Mega, Playa Desmayo, The Devils e ZA!. Para outros dos espazos do festival a organización tamén fixo novas confirmacións artísticas. The Limboos porá o peche dourado á primeira xornada de concertos o martes 7 de agosto, ás 23.15h, na Praza de San Nicolás, mentres que Morgan, considerada como a mellor voz feminina do pop-rock español dos últimos anos, clausurará o Noroeste Estrella Galicia o domingo 12 de agosto no Parque do Paseo das Pontes. Ademais tamén se engaden ao cartel as actuacións de Laetitia Sadier, Nathy Peluso e Marem Ladson para o evento que terá lugar na Coruña do 7 ao 12 de agosto.
Tamén che pode interesar:
- 19/ 7/ 2016 | O Festival Noroeste Estrella Galicia entra nas grandes citas musicais do verán
- 4/ 7/ 2013 | O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes
- 20/ 7/ 2012 | Mika e Xoel López encabezan o Noroeste Pop-Rock
- 12/ 8/ 2009 | Unha manifestación protesta na Coruña pola programación do Noroeste Pop Rock