Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Grand Soul Band vira a un rock máis escuro no seu terceiro traballo discográfico

O PUB BOULEVARD EN FISTERRA ACOLLE ESTA NOITE A PRESENTACIóN DE FROM HERE TO ETERNITY

Grand Soul Band vira a un rock máis escuro no seu terceiro traballo discográfico

ROCK | xuño 8, 2018

fom_here_eternity_grand_soul_band.jpg

O pub Boulevard, en Fisterra, acolle esta noite o concerto de presentación do novo álbum de Grand Soul Band. A banda de Santa Comba dá un xiro cara ao grunge desde o seu rock de guitarras en From Here to Eternity, o seu terceiro traballo. Os estudios de Paco Loco no Porto de Santa María (Cádiz) acolleron a gravación dos dez temas do álbum, nos que a guitarra mantén o seu protagonismo e o conxunto crea atmósferas traballadas e máis escuras do que en traballos anteriores.

datos do disco