Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Comeza en Redondela o XII Festival Alternativo Millo Verde

A 35ª FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS PRESENTOU TODO O SEU PROGRAMA

Comeza en Redondela o XII Festival Alternativo Millo Verde

MISCELáNEA | xuño 7, 2018

imaxe non dispoñible

Coas actuacións das bandas Cecina de León, Kings of the beach e Síndrome del Norte, comeza hoxe en Redondela o XIIº Festival Alternativo Millo Verde. Desde hoxe e durante tres días, ate o sábado, a Praia de Cesantes acollerá as constantes actividades paralelas así como os numerosos concertos, dezasete en total, deste evento organizado pola Asociación Cultural Millo Verde. Tamén hoxe tivo lugar a presentación da Festa da Carballeira de Zas, unha das citas estivais musicais máis lonxevas do país que organiza a A.C. Castro-Meda, que ven de presentar a que será a súas trixésima quinta edición a celebrarse, como sempre na primeira fin de semana de agosto na localidade coruñesa. No programa deste ano actuarán, xa sexa na sesión vermú, a partires das 14 horas, ou na sesión de noite a partires das nove, representantes da música folk galega así como doutros xéneros e tamén bandas internacionais os días 3 e 4 de agosto. A lista a conforman Pelepau, SES, Niamh Ní Charra, Fatty Farmers, Caxade, Os Farrapos, Cé Orquesta Pantasma, Foliada Tradicional, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Harmonica Creams, Mànran e Astarot.

Presentación da 35 Festa da Carballeira de Zas