Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Los Árboles presentan hoxe o seu primeiro LP 'Ensayo y Error'

O DISCO PROPóN DEZ NOVOS TEMAS DE POP-ROCK NA LIñA DA FORMACIóN

Los Árboles presentan hoxe o seu primeiro LP 'Ensayo y Error'

POP | abril 6, 2018

ensayoyerror_arboles.jpg

Desde hoxe mesmo se pode acceder en Spotify aEnsayo y error, o primeiro disco longo da banda Los Árboles, que xa está a distribuír tamén en formato físico entre aqueles mecenas que contribuíron para a súa edición,. Se nas pasadas semana íamos coñecendo en avance dous dos temas que conforman este novo disco , Elemento nuclear e A Marte agora podemos xa escoitar os dez temas que conforman Ensayo y error, un disco gravado no estudio propio no Courel do compositor e cantante Alexandro González. As composicións de González para este traballo encantarán á lexión de seguidores que a banda ten acadado nestes anos na escena galega cos seus directos e a través dos seus dous anteriores traballos curtos, primeiro con Catorce grados (Diérese Producciones, 2012) e posteriormente con coñecido Los días que quedan son nuestros (Diérese Producciones, 2014). Pop-rock fresco e case canónico con protagonismo nunhas guitarras eléctricas poderosas por momentos, letras intimistas e co ton nostálxico que xa é marca da casa nos dez temas deste traballo. Alexandro González (guitarra, piano e voz), Alberto Barreiro (baixo), Marcelo Pedredo (guitarra), Martín González (sintetizador) e Alberto Dopico (batería) conforman o grupo. No mes de maio comezarán xira para presentación en directo deste traballo.

datos do disco