Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Variacións sobre Martín Códax inicia as propostas musicais sobre o Pergamiño Vindel

O TEATRO AFUNDACIóN ACOLLE O 1 DE MARZO O CONCERTO O PRIMEIRO ELEPé VIGUéS

Variacións sobre Martín Códax inicia as propostas musicais sobre o Pergamiño Vindel

MISCELáNEA | xaneiro 31, 2018

imaxe non dispoñible

Unha reinterpretación das cantigas de Martín Códax a empregar vídeo, son e danza. Esta é a proposta que achegará o trío Ulobit ao Museo do Mar de Galicia este 2 de febreiro. O grupo contará con Ánxela Blanco, a cantante Alba María, a percusionista Lucía Martínez e o clarinetista Fernando Abreu como convidados e iniciará con este proxecto o ciclo Homenaxe ás trobadoras e trobadores do século XXI, co que fechará a exposición sobre o Pergamiño Vindel deste centro. A grande aposta do programa é o concerto O primeiro elepé vigués, que se celebrará o 3 de marzo no Teatro Afundación. Pablo Novoa, Nicolás Pastoriza, Amaro Ferreiro, Rosa Cedrón, Susana Seivane, Wöyza, Iván Ferreiro, Patricia Moon, Eladio Santos, Víctor Coyote e Lucía Fernández participan no espectáculo que presentará Lydia Botana.

Canda a isto, o 25 de febreiro o Museo do Mar acollerá a estrea da obra As sete cantigas de Martín Códax, do compositor José Barja Iglesias, falecido o pasado ano. No mesmo lugar, o día 1 de marzo celebrarase o concerto As cantigas de Martín Códax no Pergamiño Vindel, no que se realizará unha recreación musical das Sete Cantigas de Amigo de Martín Códax, a partir da información recollida no documento que se expón no centro.