Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Davide Salvado, Guadi Galego e Sumrrá participarán no festival M.A.R. en Portugal

O EVENTO é O PRIMEIRO PROXECTO DE COOPERACIóN ENTRE SETE AXENCIAS DE DIFERENTES PAíSES

Davide Salvado, Guadi Galego e Sumrrá participarán no festival M.A.R. en Portugal

MISCELáNEA | decembro 1, 2017

imaxe non dispoñible

O vindeiro día 8 de Decembro, oito propostas musicais provenientes de varias latitudes e con linguaxes artísticas ben distintas, daranse cita no Cine-Teatro Garret da Póvoa de Varzim, no norte de Portugal. Davide Salvado, Guadi Galego e a formación Sumrrá serán a representación da música galega no festival M.A.R. O evento M.A.R. Movimento Artístico em Rede resulta da cooperación entre 7 axencias europeas, entre elas 3 galegas: Culturactiva, Luneda Producións e Mada Producións. As outras catro son de Portugal, Italia, Cataluña e as Illas Canarias. Este evento é o primeiro que xurde da decisión destas sete axencias pequenas especializadas en música do mundo en cooperar entre elas para promocionar os seu artistas e entrar noutros mercados. O formato que agora se vai levar a Póvoa de Varzim xa ten propostas de itinerar por outros lugares relacionados coas axencias pero aínda non se concretou esta posibilidade, segundo fontes de Luneda Producións. Ademais deste festival o acordo de cooperación entre axencias ten outras ideas sobre a mesa e os froitos desta xuntanza de forzas entre pequenas empresas está por pechar máis proxectos. O M.A.R. non conta actualmente con ningún tipo de apoio público nin a nivel estatal, autonómico nin europeo. Os concertos alternaranse entre tres espazos do teatro: o auditorio principal, o café concerto e a sala de ensaios. As entradas xa están á venda por un prezo xeral de 15€ para todo o festival.