Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / La Voz de Galicia saca unha colección de discos senlleiros galegos de pop-rock

A SELECCIóN PRESENTA UNHA PANORáMICA A TRAVéS DE DOCE BANDAS OU ARTISTAS CON DISCOS EMBLEMáTICOS

La Voz de Galicia saca unha colección de discos senlleiros galegos de pop-rock

MISCELáNEA | novembro 13, 2017

imaxe non dispoñible

O xornal La Voz de Galicia, o de máis difusión na comunidade, comezará a distribuír o vindeiro domingo 19 unha colección de música en CD con doce discos reeditados seleccionados de pop-rock de artistas e bandas galegas dos derradeiros trinta anos e ata o 2012. Ademais de iconas da época da móvida como Siniestro Total, Golpes Bajos, Aerolíneas Federales ou Los Limones del Caribe, Luz Casal, a selección inclúe tamén ao representantes galegos por excelencia do rock duro, Los Suaves, a bandas inclasificables de longo percorrido como Heredeiros da Crus e a representantes da escena independente que seguen sacando novos traballos e acadando gran recoñecmento actualmente como Triángulo de Amor Bizarro, Xoel López e Iván Ferreiro, estes dous últimos por partida doble cos seus desaparecidos proxectos anteriores Deluxe e Los Piratas respectivamente. Estes doce son os seleccionados polo xornalista, crítico musical e coordinador da colección, Javier Becerra. Os doce discos son considerados pezas fundamentais da escena musical máis recente do país e na maioría dos casos as bandas seguen presentes no panorama musical arestora e triunfando con traballos recentes. Os discos preséntanse nun formato de edición especial de 24 páxinas que inclúe fotografías inéditas dos arquivos do xornal, textos con declaracións dos artistas nos que se analiza a importancia do disco no seu contexto, como se fixo e o momento no que saíu.

Segundo afirma Becerra, "de cada un destes solistas e grupos seleccionouse unha obra na que deron o mellor da súa carreira". A colección comeza este domingo con Ultrasónica, de Los Piratas ao prezo de 7,95 euros co xornal. A lista seleccionada por Javier Becerra, conformadas por reeedicións dos traballos máis exitosos e comercialmente testados de todas as bandas, a completarán Como la flor prometida, de Luz Casal; Música clásica, de Los Limones del Caribe; A Santa Compaña (+ EP Golpes Bajos), de Golpes Bajos; San Francisco Express, de Los Suaves; o disco homónimo de Triángulo de Amor Bizarro; Está que te cajas, de Heredeiros da Crus; Cuándo se come aquí, de Siniestro Total; Things were to go wrong, de Deluxe; , disco de debut do mesmo grupo; Canciones para el tiempo y la distancia, de Iván Ferreiro; e Atlántico, de Xoel López.