Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / 'A viaxe de Yoyo' saca os sons de DOUS a pasear polo mundo

O DúO PRESENTA O SEU TERCEIRO TRABALLO EDITADO

'A viaxe de Yoyo' saca os sons de DOUS a pasear polo mundo

FUSIóN | novembro 10, 2017

not_28034.jpg

Fernando Abreu e Pablo Carrera, DOUS, presentan o seu terceiro traballo discográfico . Coa súa base de guitarra e clarinete, acompañados ao contrabaixo por Pablo Pérez e na batería por Marcos Vázquez, DOUS segue explorando a súa propia sonoridade de fusión de jazz e swing nesta “viaxe” que os leva pasar por ritmos de Brasil, África ou Europa do Leste nos seus nove temas- paradas. O disco, resultado dunha campaña de crowfunding, foi gravado no Estudio Planta Sónica 2 (Vigo) con Pancho Suárez e mesturado nos Estudios Cormorán (Santiago de Compostela) con Ramón Campos. Cinco anos pasaron desde o seu anterior disco (Autoeditado, 2012) e nove desde o seu debut discográfico con Só son sons (Flacatruada, 2008). En ambos traballos amosaron a súa aposta pola fusión de estilos e ritmos acadando unha personalidade musical propia e distinguible. Hoxe venres, 10 de novembro, estarán actuando na Agrupación de Amigos do MARCO de Vigo, como parte dunha acción en apoio desta institución.





datos do disco
Ligazóns