Os nenos da vella e Máis boas cás patacas gañan Quero cantar
outubro 23, 2017
Unha gala no Teatro Colón daba a coñecer a noite do venres 20 de outubro os proxectos gañadores do II Certame Quero cantar, que organiza a Deputación da Coruña. O grupo coruñés Os nenos da vella fíxose co premio na categoría infantil co tema Quero xogar, unha peza orixinal composta polos tres compoñentes, Noa, Mikel e Yune en colaboración co seu mestre Javi. Na categoría xuvenil impúxose o conxunto Máis boas cás patacas de Teo, composto por oito rapazas que interpretaron o teama Son muller. Cada unha das bandas recibirá un premio de 1.500 euros para material musical e produtos culturais en galego e poderá gravar o videoclip do tema vencedor.
Canda aos gañadores, resultaron galardoadas no certame as formacións Quenindiole de Ferrolterra e As estrelas do rock de Bertamiráns-Ames, que levaron cadanseu premio de 1.000 e de 500 euros, cos temas Vinde bailare e Tolemia animal.