Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Sea Sons Festival abre o outono musical na Coruña

O ECLéCTICO EVENTO PROGRAMA MúLTIPLES CONCERTOS E OBRADOIROS PARA ESTA FIN DE SEMANA

O Sea Sons Festival abre o outono musical na Coruña

MISCELáNEA | outubro 4, 2017

imaxe non dispoñible

Este venres dará comezo na Coruña unha nova edición do Sea Sons Festival, un evento de características eclécticas dedicado a creación, promoción e difusión da música nas súas distintas modalidades. Durante tres días, entre o 6 e o 8 de outubro, a Fundación Luís Seoane e o xardíns da Maestranza acollerán as diversas actividades do Sea Sons. Ademais de concertos nos que haberá espazo para varias tendencias musicais, o evento conta con numerosos obradoiros que van desde a Musicoterapia ata a Percusión Corporal ou Coaching Musical. Tamén haberá espazo para a reflexión con perspectiva de xénero co coloquio "As mulleres na industria musical" que terá lugar na sesión inaugural na Fundación Seoane este venres ás 19 horas e que, moderado por Yolanda Mardi, dona da Sala Mardi Gras, contará coa participación de Bea Camiña, socia fundadora de Moucho Records e experta en comunicación e prensa de proxectos culturais na súa empresa Produtriz; Teba Chacón de Radio Coruña Cadena SER e a artista Silvia Penide. Entre os moitos concertos que ofrece o Sea Sons festival, con especial atención á escena local e ás novas tendencias, está o de Mounqp, recente gañadora do Premio de Música Narf da Deputación da Coruña. Tamén estarán, entre outros, Jules & The Wolf, Nortones, Bolboreta, o grupo volval Entrelas e haberá sesións de Dj e danza.