Cartel pechado para os festivais V de Valarés e Armadiña Rock
xullo 17, 2017
Coa recente confirmación de Love of Lesbian para súa parte alta do Line up pechaba a pasada semana o cartel o festival V de Valarés, de Ponteceso. Hoxe ven de presentar xa o cartle distribuúido por días compleanto a información. Vinteunha actuacións para os días 18 e 19 da agosto nos escenarios dispostos na Praia de Valarés. Los Planetas, Love of Lesbian, El mató a un policía motorizado, La Habitación Roja, Los Punsetes, Terbutalina, Cala vento, Pablo Und Destruktion, The New Raemon & McEnroe e Os amigos dos músicos, entre outros estarán no evento da Costa da Morte. O Armadiña Rock Estrella Galicia, que se celebrará na localidade Pontevedresa de Combarro, tamén ven de pechar xa a súa oferta musical para os días 25, 26 e 27 de agosto. O Festival Armadiña Rock está organizado pola Asociación Armadiña e nesta oitava edición traerá de novo a Combarro una boa representación do mellor rock feito en Galicia e en galego. Heredeiros da Crus encabezan o cartel, xunto aos italianos Talco, o dúo Bala, Ruxe –Ruxe, Dakidarriá, Soul Breakers , O Leo i Arrmecaghona, Skarnivals, Delombaos, Binkadelia Troupe e Blues do País. Bala e terbutalina tamén estarán na sexta edición do Festival do Paradiso , en Monforte o vindeiro 2 de setembro. Xunto a elas estarán Chotokoeu, Os Vacalouras, The Poet's Silence, Cadela Asasina e Darius Weis.