Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Revenidas de Vilaxoán ofrece 26 propostas musicais

O FESTIVAL AROUSáN PRESENTA CARTEL COMPLETO E PROGRAMACIóN POR DíAS

O Revenidas de Vilaxoán ofrece 26 propostas musicais

MISCELáNEA | xullo 12, 2017

imaxe non dispoñible

O Festival Revenidas, que se celebrará na localidade arousá de Vilaxoan entre os días 18 e 20 de agosto, pechou hoxe o seu cartel. Para esta edición do 2017 o Revenidas ofrece 26 propostas musicais procedentes de Galicia, Asturias, Madrid, Valencia, Cataluña, Euskadi, Navarra, Madrid, Arxentina, Hungría ou Estados Unidos. As novas confirmacións son as de Bolboreta, De Vacas, Pupil•es e Voodoo -catro bandas lideradas pola forza de mulleres que abranguen unha chea de estilos musicais pasando polos toques de humor ou a canción protesta-, Noite Fechada, O Leo i Arremecághona, DJ Pimp, La Duendeneta, e Galifunk Brass, Bloquinho Aperta eos pasarrúas de Os Terribles de Arousa para acompañar aos asistentes ás actividades. Súmanse deste xeito esta serie de concertos aos xa anunciados anteriormente pola organización: La Pegatina, Skindred, Bohemian Betyars, Riot Propaganda, Esne Beltza, Vendetta, Terbutalina, Dakidarria, Desakato, Txarango, Auxili, Sara Hebe, Voodoo, Doen, Zapa! e SonDaRúa. Estas 26 bandas ofrecerán no Revenidas17 unha potentísima combinación de sotaques e estilos musicais como o balkan, ska, punk, rock, pop, garage, rap, hip hop, funk, dubstep, trap, reggae, folque ou a electrónica. A organización presenta tamén a súa programación por días poñendo á venda tamén un número limitado de entradas dun só día ademais dos abonos para todo o evento.

Relacionadas