Novas incorporacións e peches de cartel en festivais de música
xuño 16, 2017
Nestas datas péchanse xa moitas axendas e confírmanse cada día novas actuacións nos diferentes festivais musicais, ciclos e eventos da nosa comunidade. A constante chuvia de nomes da escena indie, alternativa ou do rock fai complicado situarse ás veces e seguir de cerca todas as propostas. Ante tal enumeración, agás aqueles que se poidan xa coñecer previamente ou cando menos resultar familiares, o público necesitará horas de busca nas redes para facerse un menú propio de concertos seleccionados entre os centos de nomes de artistas que subirán aos escenarios nas nosas vilas e cidades. Ademais do seguimento constante da actualidade e das noticias que imos publicando actualizamos as listas e carteis con algunhas das confirmacións máis recentes e relevantes como as do Noroeste Estrella Galicia da Coruña ou o WOS Festival de Santiago entre outros.
Noroeste Estrella Galicia
O macroevento urbano que representa o Festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña segue facendo novas incorporacións ao seu extenso cartel e fainas confirmando un dos nomes da parte máis alta. A banda Escocesa The Jesus and Mary Chain estarán actuando o sábado 12 de agosto na Praia de Riazor con entrada de balde nun dos momentos máis agardados deste festival que se celebrará entre o 8 e 13 de agosto en diversos espazos da cidade herculina. Tamén se confirmaron recentemente, entre outros a actuación de Surfin’ Bichos. Ademais dentro do programa ven de incluírse a "Selección Noroeste", unha liña de concertos nalgúns teatros da cidade nos que xa están confirmadas as actuacións de Swans e Rodrigo Leão únense así ao cartel do festival. Outros nomes que se foron engadindo ao cartel en diferentes espazos foron os de Enric Montefusco; Cygne; Mielitza; Pantis; Prexton; Radio Océano, históricos pioneiros do punk galego; Travesti Afgano; Aviadro Dro; Quique Escamilla; New Day; Ala.ni; Lisa and The lips; Los Mambo Jambo e Valgueir Silgurdsson entre outros que se engaden á xa extensa lista de confirmación comunicadas hai un mes.
Vilablues
Xa está todo listo para celebrar en Vilagarcía de Arousa a segunda edición do Vilablues. Do 7 ao 9 de xullo a vila acollerá concertos ao aire libre que, dentro do xénero do blues, ofrece unha gran diversidade de artistas e propostas con concertos de balde. Como cabezas de cartel desta edición estarán os reputados artistas americanos Angela Brown (Chicago), Bernard Anderson (California) o Kenny "Blues Boss" Wayne (California. Nos tres días de concertos poderase ver tamén nos escenarios montados na Alameda ou na Baldosa a Red House (Madrid), The Suitcase Brothers (Barcelona), a banda residente do festival, Vilablues, Peligrosos Gentlemen (Mallorca) y aos artistas locais Nacho Pérez & Los Chacales .
WOS
O festival urbano de cultura alternativa WOS que celebrará a súa cuarta edición en Santiago entre o 6 e o 10 de setembro non revelará o seu cartel completo ata finais de xullo pero segue avanzando confirmación que van debuxando un cartel variado e interesante no apartado musical. Dezaseis artistas xa se coñecen da súa oferta: a viguesa BFlecha, que ven de abrir o festival Sonar; Demdike Stare; Ghost And Tape; Greg Fox; Hhy & The Macumbas; Huma; Nite Jewel; Oren Ambarchi; Schwarz; Sensible Soccers; Sontag Shogun; STA; The KVB; Tolouse Low Trax; Western Skies Motel e Za! & diola. Ademais o seu programa incluirá propostas de artes escénicas, novos medios, cine, arte audiovisual, encontros con artistas, charlas e mesas de reflexión. Como nas anteriores edicións o festival desenvolverase en espazos de referencia da capital galega como o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Teatro Principal, Mercado de Abastos, Igrexa da Universidade, ou a Fundación Eugenio Granell.
Osa do Mar
O festival Osa do Mar que organiza a Asociación Cultural Fanto Fantini os días 18 e 19 de agosto en Burela (Lugo) na Praia da Marosa xa presenta un bo feixe de nomes que recentemente foi desvelando. Até agora están confirmados Viva Belgrado, León Benavente, Súper Cadáver, Moonshine Wagon, The Bots, Banana Bahia Music, Cala Vento, Rufus T. Firefly, Ángel Stanich. Meneo, Locoplaya, Escuchando Elefantes, Catete Rococó e Clint Eastwood Band. Aínda que da algunha presenza musical máis por confirmar así como a distribución por día para a cuarta edición deste evento na Mariña.
Revenidas
O Festival Revenidas, que ateigará Vilaxoan de música entre os días 19 e 20 de agosto, suma ao seu cartel aos internacionais Skindred e aos húngaros Bohemian Betyars coa súa atractiva combinación de punk, ska, e os elementos máis característicos da música popular xitana e balcánica. Incorpóranse a un cartel que conta xa cos seguintes grupos, anunciados anteriormente pola organización: La Pegatina, Riot Propaganda, Esne Beltza, Vendetta, Terbutalina, Dakidarria, Desakato, Txarango, Auxili, Sara Hebe, Voodoo, Doen, Zapa! e SonDaRúa.
Live for Madness
Seis bandas xa confirmadas encherán o cartel do Live for Mádness Metal Fest de Ourense. O sábado 23 de setembro terá lugar a 7ª edición desta cita coa música rock metaleira que para este ano ofrece no Campo da feira as actuacións de Crisix, MorphiuM, [In Mute], Somas Cure, Scent of Death e Tálesien.
Terrazeando
Non sendo propiamente un festival, este ciclo de concertos en terrazas organizado desde a Asociación Cultural Desconcierto Cultural para levar a música a recunchos abertos da cidade de Santiago durante o mes de agosto fai a súa sexta edición este ano e ofrece un total de cinco concertos nestes espazos da cidade. Os concertos comezan o 29 de xullo con Me and The Bees + Alto Volta para seguir despois no mes de agosto no que se poderá ver a Zebra Hunt, Stone Dead, Como vivir en el campo; Montelouro e The Wheels.