Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A OSG pecha tempada cun importante incremento de asistencia de público
A OSG pecha tempada cun importante incremento de asistencia de público
xuño 2, 2017
A Orquestra Sinfónica de Galicia ven de presentar a tempada 17-18 tras rematar a actual cun incremento do 20 por cento en asistencia de público aos seus concertos, cun total de 43.000 espectadores. A OSG e o seu coro arrancarán a vindeira tempada no Auditorio Mar de Vigo coa Sinfonía nº 2, «Resurrección» de Gustav Mahler en colaboración co concello vigués. Ademais dos dous ciclos de concertos abono en A Coruña a OSG ofrecerá catorce concertos en Galicia, con oito deles en Vigo, cinco en Ferrol e un en Santiago de Compostela e viaxará fóra da comunidade para actuar en Madrid, Zaragoza e Alicante. Nesta vindeira temporada da formación sinfónica que xa conta con 25 anos, xunto con algunhas das obras esenciais e icónicas da música del século XX, como A consagración da primavera de Stravinski, Noite transfigurada de Schoenberg, a Música para cordas percusión e celesta de Bartók ou as músicas de K. Penderecki, John Adams, Prokófiev, Shostakóvich, Tippett ou Britten, a OSG estreará en España un total de cinco obras: o Concerto para violonchelo nº 2 de Penderecki, o Concerto para violín de Kaija Saariaho, 4 Iberian Miniatures de Francisco Coll, o Concerto para orquestra de Jennifer Higdon e Drifts de Sebastian Fagerlund, un encargo conxunto da OSG, a Orquestra da Radio Finesa e a Sinfónica de Gotenburgo.
En canto ás e aos solistas que participarán nesta tempada, a Sinfónica contará co
acompañamento numerosos artistas, entre as e os que se atopa o pianista Ivo Pogorelich, con
quen a orquestra actuará fóra de Galicia, pianistas de talla internacional como Javier Perianes, Iván Martín, Ivo Pogorelich, Roberto Prosseda, Khatia Buniatishvilli, Beatrice Rana, Varvara e Alexei Volodin. A OSG volverá contar coa presenza dalgúns dos seus primeiros atrís como solistas, como o trombonista Jon Etterbek, o clarinetista Iván Marín e os trompas David Bushnell e Nicolás Gómez Naval. Ademais se contará cos violinistas David Grimal, Alexandra Soum, Baiba Skride, Chloë Hanslip, Jennifer Koh e Iskandar Widjaja.Na dirección, ademais de contar co titular Dima Slobodeniouk, a OSG actuará baixo a batuta de recoñecidos condutores de orquestras de todo o mundo, algúns deles que xa estiveron anteriormente como Christoph Eschenbach, Andrew Litton, Dennis Russel Davies, Eliahu Inbal, Jesús López Cobos, Josep Pons, Richard Egarr, Otto Tausk ou Robert Spano. Outro debutarán conducindo a sinfónica como Eugene Tzigane, Klaus Mäkelä e Diego Martín Etxeberría. Ademaisde todos eles tamén estará o director honorario do conxunto orquestral galego, Víctor Pablo Pérez. O coñecido director venezolano Gustavo Dudamel porase a fronte da Sinfónica de Galicia para pechar en Santiago, a segunda edición de Palabras de Galicia que organiza ABANCA.