Luar na Lubre encabeza o cartel no XVIII Festival Folk de Raíz
maio 29, 2017
A décima oitava edición do festival Folk de Raíz xa ten o cartel da súa proposta musical. O festival que se celebra en Callobre, no Concello da Estrada, o sábado 1 de xullo, contará con catro actuacións musicais ademais da animación e gastronomía, xunto coa zona de acampada. Luar na Lubre, que está este ano celebrando en xira o seu XXX aniversario, será un dos pratos fortes do cartel. Polo escenario do Folk de Raíz en Callobre tamén pasarán Zurrumalla, que leva en activo un ano menos que o propio festival; o grupo de música tradicional Sons da Mina, de Fontao (Vila de Cruces) e a formación propia da Asociación Cultural Retranqueiros, organizadores deste evento de música tradicional e que neste caso actúan como anfitrións. Desde a organización non descartan que haxa máis incorporacións sobre o escenario.
Tamén che pode interesar:
- 27/ 3/ 2020 | Luar na Lubre avanzan dous temas do seu seguinte disco sobre o Camiño de Santiago
- 31/ 1/ 2017 | Luar na Lubre inicia a xira de 30 aniversario con nova vocalista
- 25/ 11/ 2016 | Luar na Lubre repasa nun novo álbum 30 anos de carreira
- 1/ 12/ 2015 | Luar na Lubre celebra tres décadas con Extramundi
- 3/ 12/ 2014 | Luar na Lubre publica o concerto Torre de Bregoghán