Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Atlantic Fest 2017 xa amosa cartel completo

O FESTIVAL DA ILLA DE AROUSA VEN DE ANUNCIAR DEZ NOVAS INCORPORACIóNS á SúA OFERTA MUSICAL

Atlantic Fest 2017 xa amosa cartel completo

MISCELáNEA | maio 23, 2017

imaxe non dispoñible

A pouco máis dun mes para o seu comezo o Atlantic Fest da Illa de Arousa ven de presentar o seu cartel completo. Dez novas confirmacións para os diferentes escenarios do festival, Son Estrella Galicia, Turismo Rías Baixas (Auditorio), D’Tascas Jägermusic, Paco & Lola (Plaza de Abastos) e Zona Gastro presentan xa un line-up completo e distribuído polos tres días do festival entre o 30 de xuño e o 2 de xullo. Esta edición de novo volve ofrecer un diverso listado de bandas e artistaas do panorama "indie" nacional e internacional, do pop a outros máis roqueiros e mesmo a electrónica. A escena galega tamén está representada nesta edición en varios dos escenarios. L.A., Apartamentos Acapulco, Sen Senra, Puma Pumku, Electric Feels, Birds Are Indie, Dois, MounQup, Kings Of The Beach únense agora aos xa confirmados Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maxïmo Park, Delorean, Anni B Sweet, Joe Crepúsculo, Rosalía & Raül Refree e Os Amigos dos Músicos. Dezaoito actuacións ás que haberá que engadir actuacións sorpresa sen desvelar na Zona Gastro e o programa de actividades náuticas, infantís e o Mercado Galician Tunes que aínda avanzarán máis adiante. A segunda edición do Atlantic Fest segue a liña marcada o pasado ano apostando por un formato diferente de festival que comeza desde a mañá cada día, convertendo toda a illa de Arousa nun recinto e aproveitando para os concertos escenarios naturais e locais da vida cotiá da Illa como as tascas para ofrecer unha experiencia que lembrar e pensada para compartir con amigos ou en familia. As entradas están á venda na páxina web oficial del festival por 48€ máis gastos.

O Atlantic Fest ademais leva todo o inverno e a primavera facendo valer a súa marca, adaptada como Atlantic Days, a través da organización de concertos en locais de toda Galicia. Esta mesma semana ofrecen na Sala Riquela de Santiago o día 27 en Sesión Vermú a actuación de Best Boy. Outros festivais dos que tamén se van sabendo nomes son o WOS Festival de Santiago e o Son de Viño, que a D.O. Ribeiro celebra no Náutico de San Vicente o 15 de xullo. O festival urbano de cultura alternativa WOS, organizado pola promotora Work On Sunday , que se celebrará entre o 6 e o 10 de setembro ven de confirmar os oito primeiros nomes da parte musical da súa seguinte edición: BFlecha; Greg Fox; Nite Jewel ; Schwarz música; Sensible Soccers; STA Humo; The KVB e Western Skies Motel . Os abonos para esta cuarta edición xa están a venda e aínda a prezo reducido no sitio web do evento. Para o Son de Viño polo de agora coñécense xa as actuacións de DeVacas, Sen Senra e Kings of the Beach, que repetirán aquí tras actuar no Atlantic Fest.