Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / As Maimiñas festexan a súa Volta, revolta e reviravolta

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE ESTE SáBADO UNHA ACTUACIóN DO DúO NA FEIRA DO LIBRO

As Maimiñas festexan a súa Volta, revolta e reviravolta

INFANTIL | abril 27, 2017

volta_revolta_reviravolta_maiminhas 2.jpg

Logo da viaxe polo mundo que propuñan no seu primeiro libro-CD, o dúo As Maimiñas volta a casa para o seu segundo traballo. Volta, revolta e reviravolta convida a revisitar, de xeito soñado aqueles "lugares distantes e marabillosos que deixaran atrás na súa primeira viaxe". En total, 18 novos temas nun novo libro disco ilustrado de novo por Patricia Castelao e que ve a luz da man da Editorial Galaxia. Segundo explica o dúo na presentación deste proxecto, "os nenos e nenas son nesta ocasión o fío conductor, sendo eles quen guían As Maimiñas nesta Volta, Revolta e Reviravolta, e da súa man trátanse tamén temas transversais, como son os medios de transporte ou a igualdade interracial". Deste xeito, Lucía Lago e Irene Álvarez están a presentar o novo disco cun espectáculo no que buscan unha maior participación do público e no que contan cun maior soporte audiovisual. A Feira do Libro de Compostela acolle este sábado 29 a vindeira presentación, cun concerto ás 19:00 horas.

datos do disco