Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Rockin´Carballo presenta cartel completo con Paul Collins no vermú
O festival Rockin´Carballo presenta cartel completo con Paul Collins no vermú
abril 26, 2017
Os carteis dos festivais de verán seguen avanzando e algúns deles incluso completándose. É o caso do Rockin´ Carballo que xa saca o line up completo desta cita da localidade da Costa da Morte que se celebrará nunha soa xornada o 1 de xullo. Cun impactante cartel de imaxe gráfica baseada na icónica figura Jimmy Hendrix o evento traerá ao seu escenario na Praza do Concello ao estadounidense Paul Collins en sesión vermú e a Lagartija Nick na sesión de tarde en O rego da Balsa. Familia Caamagno, Bala, os coruñeses Bento Veloso & Los Doce Trinches, os locais Chico Azul e Phychofonía e os bilbaínos Atom Rhumba completan o cartel. A entrada é de balde. Outros que esta seman confirmaron novas actuacións para as súas datas foron o Noroeste Estrella Galegica da Coruña, en agosto, e o Atlantic Fest da Illa de Arousa para o 30 de xuño. A cita herculina ven de poñer sobre a mesa os nomes de Enric Montefusco, PANTIS, Prexton, os locais e míticos Radio Océano, e Travesti Afgano. Os da illa veñen de incorporar á banda Delorean e Anni B Sweet ao seu line up xa coñecido con Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maximo Park Official, Rosalia & Raül Refree, Joe Crepúsculo e os ourensáns Os Amigos dos Músicos. Aínda se esperan confirmacións por parte destas dúas citas de verán.