Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / PortAmérica engade nove nomes máis ao seu cartel

O FESTIVAL DA CARBALLEIRA DE CALDAS PRESENTA XA A DISTRIBUCIóN POR DíAS

PortAmérica engade nove nomes máis ao seu cartel

MISCELáNEA | abril 10, 2017

imaxe non dispoñible

A través dun vídeo realizado pola produtora Zinquin, o festival PortAmérica ven de presentar nove incorporacións ao seu cartel desta edición a xeito de xogo ante os seguidores do evento. Camuflados entre roupas, etiquetas e elementos varios deste vídeo de título El valor de las personas, poden atoparse os 28 nomes que xa están confirmados para o festival que este ano comeza a súa andaina en Caldas do 13 ao 15 de xullo. Ás actuacións xa previamente coñecidas hai que engadir agora nove nomes: Asian Dub Foundation, Instituto Mexicano del sonido, Igloo, Aterciopelados, Zuco 103, Leiva, Yall, The Horrors e Carlos Jean. Desde a organización non dan por rematadas todas as novidades e aínda engadirán algunha outra novidade proximamente. Os nomes dos chefs que participarán tamén da súa oferta gastronómica, un estandarte deste festival, non están confirmados aínda.

O que si xa sabemos é a distribución de todos os artistas nos tres días. O xoves 13 actuarán The Horrors, Iván Ferreiro, Niños Mutantes, Carlos Sadness, Triángulo de Amor Bizarro, Aterciopelados, Ángel Stanich e Indios. O venres 14 será a xornada na que subirán aos escenarios do PortAmérica Asian Dub Foundation, Novedades Carminha, Kase.O, Illya Kuryaki & the Valderramas, Zuco 103, BNegão & Seletores de Frequência, Yall, Los Amigos Invisibles, Rufus T. Firefly e Mateo Kingman. A última xornada, o sábado, contará coas actuacións de Leiva, Instituto Mexicano del sonido, Xoel López, Igloo, Carlos Jean, Porter, Depedro, Siddhartha, Montefusco e Orkesta Mendoza. Alén disto, pero aínda dentro dos Rías Baixas Fests, esta semana coñecéronse os dous primeiros nomes confirmados para o festival Revenidas de Vilaxoán de Arousa. Terbutalina e La Pegatina son os primeiros nomes deste avento a celebrarse entre o 16 e o 20 de agosto na localidade arousá.


Descubre los 28 primeros nombres del cartel PortAmérica 2017 from EsmerArte Industrias Creativas on Vimeo.


Ligazóns