Muxicas leva o X premio Andaina Senlleira
marzo 27, 2017
A piques de cumprir catro décadas de traballo, a banda viguesa Muxicas acaba de ver recoñecido o seu traballo co premio Andaina Senlleira. O galardón honorífico dos Premios Opinión de Música Folk valoran a traxectoria deste grupo, que ten sete discos ás costas nos que foron explorando diferentes camiños dentro da tradición. Entre os títulos que marcaron este percurso, destacan de xeito especial o álbum duplo Muxicas e Naturalmente, de 1998. O galardón entregarase o vindeiro 12 de maio na Gala dos Premios Opinión, na Coruña, un evento que contará coa actuación de TRIM, do dúo Anxo Lorenzo e Germán Díaz e mais das cantareiras de Algarada.
Tamén che pode interesar:
- 2/ 6/ 2014 | Caxade leva o premio Opinión ao mellor artista folk
- 14/ 2/ 2014 | Dorothé Schubarth leva o premio Andaina Senlleira de La Opinión
- 1/ 2/ 2013 | Pablo Barreiro gaña o Premio Opinión Andaina Senlleira
- 20/ 4/ 2012 | Fuxan os ventos leva o V Premio Andaina Senlleira de La Opinión
- 7/ 4/ 2008 | Emilio Cao gaña o Premio Opinión pola súa traxectoria musical