Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sés e Quinta do Bill fanse cos premios de música Ari(t)mar

MáIS DE 5.000 VOTOS DECIDIRON OS MELLORES TEMAS MUSICAIS GALEGOS E PORTUGUESES

Sés e Quinta do Bill fanse cos premios de música Ari(t)mar

MISCELáNEA | marzo 22, 2017

imaxe non dispoñible

A segunda edición do certame Ari[t]mar, que convoca Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, ten xa gañadores na súa categoría musical. Do reconto dos 5.043 votos que se emitiron saiu como mellor canción galega de 2016 A paz esquiva, do álbum Oporse á extinción de Sés. A mellor canción portuguesa foi para Faz bem falar de amor, do disco Todas as estações de Quinta do Bill. Nesta ocasión, ademais da comunidade educativa da EOI de Compostela, participaron tamén no certame dez centros de ensino de primaria e secundaria así como o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, as Escolas Oficiais de Idiomas de Lugo e de Pontevedra e a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Os vencedores actuarán no vindeiro mes de outubro nunha gala na que tamén participarán os gañadores do certame na categoría de mellores poemas galegos e portugueses de 2016. Os segundos postos foron para Poetarras (Chove en Galiza) e Deolinda (Corzinha de verão) e os terceiros Xoán Curiel (Ecuacións) e Raquel Tavares (Meu amor de longe).