Novas confirmacións para a axenda de festivais musicais
marzo 9, 2017
A medida que nos afastamos do inverno os festivais de música van poñendo nomes nos seus carteis para ir atraendo xa público e mesmo para recordarnos a súa permanencia nas axendas. Nas últimas semanas puidemos coñecer as novidades arredor dalgunhas destas citas como o Ourenrock , o Festival Noroeste, o Arteficial ou o máis achegado Melona Fest. A confirmación das datas do Festival Noroeste Estrella Galicia e o primeiro nome do cartel viñeron xuntas. Os británicos Kaiser Chefs estarán no multitudinario e gratuíto festival organizado desde o Concello da Coruña do 8 ao 13 de agosto e que contará con máis de 90 bandas e artistas de diferentes estilos. A banda de Leeds será un dos pratos fortes e actuará na Praia de Riazor o venres 11 de agosto no que será o seu único concerto en España este verán. Nese mesmo mes, aínda que previamente, entre oos días 3 e 5, o festival de Bueu SonRías Baixas ven de engadir no seu cartel a NARCO, TodosTus Muertos, Arco e Estopa. Tamén no agosto se celebrará o Osa do mar en Burela que aos seis nomes que xa confirmara previamente ven de engadir agora o da banda León Benavente para o venres 18. Catro nomes xa están tamén confirmados do cartel do festival Arteficial, festival de arte, música alternativa e cultura de Ribadavia. Soledad Vélez, First after breath, MOW e os ourensans The Phantom Dragsters estarán o 2 de setembro en Ribadavia.
Do que xa se coñece a oferta completa é do Ourenrock Sound que terá lugar en Bemposta os días 2 e 3 de xuño. La raíz ofrecerá alí o seu único concerto en Galicia deste anoe ZOO inciiar´na alí a presentación do seu novo disco. Tamén estará na cita co rock Dakidarría; Boikot; Skandalo GZ; Insolenzia; The Skarnivals ; Maskarpone; Rebeliom do Inframundo; Cé orquestra pantasma; Noe Black & The Bang Band e Idomable. O programa por días xa está presentado. Moito antes destes festivais, aínda na primavera, a produtora La Melona organiza en Santiago por segundo ano unha cita de catro días entre o 5 e o 8 de abril para a que xa conta con 16 bandas confirmadas, moitas delas da escena local. En La Melona Fest estarán The Mauskovic Dance Band (Amsterdam); Bulto (Santiago) ; Seda (Vigo); O Manipulador (Lisboa); Tren Go! Sound System (Porto); Surma (Leiria); Pálida (Vigo); Esposa (Santiago) ; Boyanka Kostova (Santiago); Fiera (Sevilla); Skygaze (Gijón); Fluzo (Santiago, Barcelona); Toulouse (Guimarães); Esteban & Manuel (Santiago); Montaña Muerte (Ourense) e Lois G. Carlín (Santiago). A ubicación aínda non se deu a coñecer nin a distribución por días.