Antón de Santiago presenta cun recital Cantigas líricas galegas
febreiro 16, 2017
Un recital no Auditorio da Sede Afundación da Coruña serviu onte como presentación para o volume Cantigas Líricas Galegas para canto e piano e pezas corais. Antón de Santiago asina as composicións deste libro de partituras que adapta poemas de autores clásicos do noso país. Textos de Curros Enríquez, García Lorca, Bouza Brey, Cabanillas, Pimentel, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Celso Emilio Ferreiro ou Álvaro Cunqueiro entre outros, fan parte do proxecto que editou Fervenza co apoio da Consellaría de Cultura. Segundo explicou na presentación o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o volume quere ser "unha ferramenta útil para difundir e traballar nos nosos conservatorios e escolas de música a canción na lingua propia de Galicia".