Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Urdime leva os sons galegos para crianzas á FETEN de Xixón

SUEñOS DE MúSICA FOI A úNICA PRODUCIóN DO PAíS SELECCIONADA PARA A FEIRA

Urdime leva os sons galegos para crianzas á FETEN de Xixón

INFANTIL | febreiro 8, 2017

imaxe non dispoñible

Un único espectáculo representará a produción escénica galega para crianzas na Feria Europea de Artes Escénicas para Nenas e Nenos (FETEN). Xixón acollerá entre o 12 e o 17 de febreiro a vixésimo sexta xeira deste evento, no que participan 77 compañías estatais e internacionais escolleitas entre máis de 700 propostas. A cooperativa Urdime é a responsable de levar ao encontro Sueños de música, un espectáculo musical para os máis novos nado a partir do éxito de Sons Miúdos. Segundo explica a compañía "trátase de dar a coñecer fóra de Galicia os traballos de artistas tan consolidados como Magín Blanco, Paco Nogueiras, Gloria Mosquera, Xoán Curiel e Teatro Ghazafelhos, entre outros. Unha aposta por abrir novos públicos e presentar un formato de gran calidade como é 'Sueños de Música' cun elenco de artistas cunha ampla traxectoria nas artes escénicas e musicais dirixidas ao público infantil e familiar". Os asistentes á feira poderán ver a montaxe o 16 de febreiro ás 19:30 horas no Teatro Jovellanos.