Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pálida remata o 2016 co seu terceiro disco de longa duración

'THE CLUTCH' REúNE A ESENCIA DAS PROPOSTAS ELECTRóNICAS DO PROXECTO

Pálida remata o 2016 co seu terceiro disco de longa duración

ELECTRóNICA | xaneiro 4, 2017

not_27009.jpg

The Clutch é o traballo máis recente de Pálida, nome tras do que está o músico vigués José Garnelo 'Nelo', e co que fai a súa aposta electrónica. Este é xa o seu terceiro traballo de longa duración despois de From the bottom of a lake (2015). O prolífico músico vigués fai unha proposta de música electrónica en directo, ecléctico e indefinible, que toma elementos dende o electro-pop, o trance ou o shoegaze ata o Detroit techno para conxugar unha experiencia única co baile e a emoción por bandeira seguindo liñas mestras dos Fuck Buttons e The Chemical Brothers como referentes. Cunha discografía inzada de discos entre Maxis, sinxelos e LPs, Pálida non deixa en ningún momento de manter a súa actividade tamén en numerosos concertos desde o 2013 ata agora, Chegando a este momento con este disco de sete temas a cada cal máis mesmerizante que o anterior. O disco está autoproducido e pode mercarse no seu perfil de Bandcamp.

datos do disco