Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pablo Díaz amplía a súa fórmula con Tic tac toc

O MúSICO ESTá A PRESENTAR O SEU NOVO áLBUM PARA OS MáIS CATIVOS

Pablo Díaz amplía a súa fórmula con Tic tac toc

INFANTIL | xaneiro 3, 2017

Tictactoc_pablo_diaz.jpg

Con todas as entradas vendidas anda estes días Pablo Díaz a presentar Tic tac toc, o seu cuarto disco. De novo os máis pequenos protagonizan este libro-CD que sae da man de Galaxia na colección Sonárbore. Temas como No San Xoán, Queremos galego, O mundo máxico de Antón ou Señor gato amosan a capacidade de Díaz de explorar novos ritmos. Folclore de diferentes lugares do ritmo mestúrase con ska, country ou rock nos distintos temas para os que Díaz se acompaña dunha banda na que participan nomes como Olga Kirk, Diego Barral, Antón Díaz, Carlos Freire e colaboracións puntuais dos irmáns Tinaquero, Xabier Díaz ou Tito Calviño, todo envolto nas ilustracións de Almudena Aparicio.

datos do disco