Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Amigos da Ópera de Santiago estrean a ópera infantil Brundibár
Os Amigos da Ópera de Santiago estrean a ópera infantil Brundibár
decembro 12, 2016
Brundibár (O abellón), é o título da ópera infantil ambientada na Checoslovaquia da Segunda Guerra Mundial que leva esta semana a escena a Asociación de Amigos da Ópera da Catedral de Santiago. O proxecto, que conta coa Escolanía da Catedral de Santiago e a Orquestra Praeludium, e dirección escénica de Cándido Pazó, "narra a loita de dous irmáns, Aninka (Aniña) e Pepicek (Pepiño), por conseguir os cartos precisos para mercar leite e, dese xeito, axudar na recuperación da súa nai doente. Brundibar é o antagonista da peza e personifica o egoísmo, o abuso do poder e o autoritarismo fronte os valores de solidariedade, compañeirismo e a defensa da contorna afectiva encarnadas polos dous irmáns", segundo explica a Asociación. A función poderá verse o 17 de decembro ás 20.00 horas no Teatro Principal de Santiago e o 18 ás 17.30 horas no Auditorio Teatro Afundación de Vigo.
A obra fíxose coñecida por se ter representado 55 veces en Terezín, gueto para os xudeus na República Checa durante a Segunda Guerra Mundial. O seu compositor, Hans Krása, reescribiu alí o libreto e colaborou na súa representación antes de ser deportado a Auschwitz, onde foi asasinado.
Tamén che pode interesar:
- 29/ 6/ 2023 | Aida e Romeo et Juliette protagonizan a Temporada Lírica da Coruña
- 1/ 6/ 2023 | As Xornadas de Música Contemporánea chegan a Compostela con catro estreas absolutas
- 21/ 3/ 2019 | Amigos da Ópera da Coruña recibe o premio de honra Ópera XXI
- 27/ 6/ 2018 | A música inglesa protagonizará a nova temporada da Filharmonía de Galicia
- 30/ 6/ 2017 | A Ópera da Coruña volve ao Teatro Colón