Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / No Lérez tamén se fai surf en inverno

O FESTIVAL SURFING THE LéREZ COMEZA ESTE VENRES A SúA EDICIóN INVERNAL

No Lérez tamén se fai surf en inverno

ROCK | novembro 17, 2016

not_26853.jpg

O festival pontevedrés Surfing the Lerez inaugura esta fin de semana a primeira das súas edicións de inverno. A cita musical de música rock da capital provincial víñase celebrando ata o de agora unicamente nas datas de verán en na Illa das esculturas, no río Lérez, pero este ano engádelle tamén por vez primeira unha edición invernal que durante dous fins de semana encherá a Sala Karma de concertos. Este venres 18 a veterana banda Sex Museum abrirán o programa e haberá concertos tamén o sábado a cargo de Julián Maeso e do grupo The Hellbuckers. O festival manterase a semana que ven comezando o xoves cun concerto gratuíto no espazo El Pequeño Karma a cargo de Los Wawy Gravies e seguirá tamén o sábado e domingo coas actuacións en cabeza de El Twangero e Los Vinagres. No cartel tamén están bandas galegas como Thee Boas, Gold & Colt, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Flip Corale, Glitter & Litter para asegurarse que o crocodilo do Lérez non deixe de moverse nin en inverno.