Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / The Hellbuckers preséntanos os seus Demons

A BANDA DE SOUL&GARAGE LANZA O SEU PRIMEIRO áLBUM

The Hellbuckers preséntanos os seus Demons

ROCK | outubro 20, 2016

demons_hellbuckers.jpg

Logo de participar no Outono Códax Festival, The Hellbuckers están a continuar a xira de presentación de Demons, o seu primeiro traballo de longa duración. Soul, rock, blues e garage atópanse en 12 temas cheos de sentimento, dos que once son composicións propias e unha versión de Sam Cooke. A voz de Carla de Figueredo encarna as letras persoais do grupo e conta coa guitarra de Chewis, o baixo de Cudi e a batería Marcos para encarnar o que o grupo chama como Soul&Garage. H-Records e Tualmonteyoalmar coeditan este traballo, que chega só dous anos despois do nacemento do grupo.

datos do disco