Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Resurrection finalista en tres candidaturas dos Premios Fest
O festival Resurrection finalista en tres candidaturas dos Premios Fest
outubro 13, 2016
A pesares do gran número de candidaturas de festivais galegos, dezanove en once categorías, só dúas propostas da nosa terra pasan á fase finalista dos Premios Fest, na que tres festivais compiten en cada categoría. Das votacións do público a través do sitio web e das do xurado profesional só as edicións de 2016 do Resurrection Fest e o Portamérica pasaran a ser finalistas dalgún premio. O festival metaleiro de Viveiro encabeza a clasificación con tres candidaturas nas que é finalista: Mellor Festival de Gran Formato; Mellor Campaña de Comunicación; Mellor Zona de Acampada. Pola súa banda o PortAmérica de Nigrán opta a recibir o Premio á mellor Zona de restauración, galardón que xa obtivo na anterior convocatoria dos Premios Fest. Só os festivais de Benicassim, FIB eo Rototom Sunsplah acadan o mesmo número de candidaturas que o Resurrection. Os gañadores coñeceranse o vindeiro 26 de outubro durante a celebración do Congreso Bime Pro en Bilbao. Os Premios Fest, únicos no seu xénero, recoñecen a estes eventos musicais en diferentes categorías.
Tamén che pode interesar:
- 25/ 10/ 2022 | Tres festivais galegos son finalistas dos Premios Fest estatais
- 25/ 11/ 2021 | O Resurrection Fest completa o seu cartel e pon á venda as entradas de 2022
- 15/ 5/ 2020 | O Son do Camiño, Portamérica e Resurrection Fest aprázanse para 2021
- 23/ 9/ 2019 | System of A Down, Judas Priest e Korn abren o cartel do vindeiro Resurrection Fest
- 4/ 10/ 2018 | Festivais como o Resurrection, SonRías Baixas o PortAmérica compiten nos Premios Fest