Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Pablo Carpintero e Lidia Nieves gañan o XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas

A RECONSTRUCCIóN DUNHA GAITA MEDIEVAL E UN ANEL VALéRONLLES OS GALARDóNS

Pablo Carpintero e Lidia Nieves gañan o XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas

FOLK | setembro 30, 2016

imaxe non dispoñible

A reconstrución da gaita que se pode ver na ilustración da cantiga 350 das Cantigas de Santa Maria valeulle a Pablo Carpintero facerse co XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas na categoría tradicional. Este investigador da nosa música elaborou a partir do debuxo medieval unha gaita con dous punteiros e catro bordóns completamente funcional, a mudar as percepcións que existían sobre as gaitas medievais.

Xoguete
Xoguete, de Lidia Nieves


Na categoría contemporánea, a vencedora foi a peza Xoguete de Lidia Nieves Domínguez. A obra consiste nun "anel cunha parte circular plana e oscilante coa imaxe dun navío que evoca o xogo de colocar dúas pequenas bolas en dous buracos". As obras foron seleccionadas entre un total de cento trinta e sete que se presentaron ao certame, que conta cun premio de 4.500 euros por categoría e dispón dun fondo de 10.000 euros para adquirir as obras premiadas. https://bongo.gg