Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Pontevedra volve a encher as prazas de música no ciclo Paseantes

CATORCE ARTISTAS OU BANDAS DARáN CONCERTOS ESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE VELLA

Pontevedra volve a encher as prazas de música no ciclo Paseantes

MISCELáNEA | xullo 27, 2016

imaxe non dispoñible

A segunda edición do ciclo Paseantes levará a música durante dous días a diferentes emprazamentos de Pontevedra. Ata catorce propostas musicais diferentes poderán atopar os viandantes que o venres 29 e sábado 30 camiñen pola cidade. O abano musical tamén será enorme, desde o folk ao rock, pasando polo jazz, a música clásica e o pop. Todos os grupos e artistas son galegos e na lista hai nomes como Breakin’ Bones, Lulavai, Alberto Vilas Quartet ou Silvia Penide entre outros. O concelleiro de Xuventude de Pontevedra, Demetrio Gómez, presentou o programa acompañado por representantes da consultora Xeneme e de Nova xestión Cultural, encargados da organización e programación do evento.